Inauguración da Exposición Manuel Moldes: Vieiros na memoria 11 de mar. de 2022

Visto 77 veces

Inauguración da Exposición Manuel Moldes: Vieiros na memoria

En homenaxe ao artista e profesor da Facultade de Belas Artes, falecido en 2017

Tras o seu paso polo campus de Pontevedra, este venres chegou a Vigo a exposición Vieiros na memoria de Manuel Moldes, unha pequena homenaxe a quen foi un artista comprometido coa súa terra e referente da cultura galega, pero tamén un profesor que deixou unha fonda pegada na que durante anos foi a segunda casa, a Facultade de Belas Artes. Ampliada e acomodada ao espazo da Casa Galega da Cultura, a exposición organizada en torno á figura do artista falecido en 2017 poderá visitarse na cidade olívica ata o vindeiro 24 de abril.

“Pontevedra e Vigo son dúas cidades moi familiares para o artista, a primeira por ser sede da Facultade de Belas Artes, a onde chegou no 1995, dous anos antes de realizar o primeiro dos seus Vieiros e, pola outra, Vigo e, máis concretamente, a praza da Princesa, escenario dos primeiros pasos do grupo Atlántica, do que Moldes formou parte e que a día de hoxe é imprescindible, tanto para coñecer a traxectoria do desenvolvemento da cultura galega, como para ollar o papel deste autor como docente”, tal e como explicou a comisaria da exposición, Sara Donoso, na presentación aos medios de comunicación da exposición. Xunto a Donoso, participaron neste acto o decano da Facultade de Belas Artes, Xosé Manuel Buxán, quen se referiu a este proxecto como “unha lembranza á memoria artística e vital de Manolo Moldes”; a viúva e o fillo do artista, e o concelleiro-delegado da Área de Cultura, Emprego e Participación Cidadá do Concello de Vigo, Abel Losada.

Fonte: DUVI

Sara Donoso Calvo
Comisaria da exposición: Manuel Moldes.Vieiros na Memoria
Abel Losada Álvarez
Concelleiro-delegado da Area de Cultura e Emprego, Concello de Vigo
Xosé Manuel Buxán
Decano da Facultade de Belas Artes, Universidade de Vigo
May Díaz Cacheda


Vídeos da mesma serie
Inauguración da Exposición Manuel Moldes: Vieiros na memoria
En homenaxe ao artista e profesor da Facultade de Belas Artes, falecido en 2017
11 de mar. de 2022