Acto de presentación da mini-serie documental do Campus do Mar “Desafíos do Océano: científicas ao mando” 21 de set. de 2022

Visto 34 veces

Acto de presentación da mini-serie documental do Campus do Mar “Desafíos do Océano: científicas ao mando”

Seis investigadoras referentes en distintos ámbitos do medio mariño dan a coñecer as súas visións sobre especies invasoras, plásticos mariños, erosión, acidificación oceánica e sostibilidade

Seis investigadoras referentes en distintos ámbitos do medio mariño dan a coñecer as súas visións e traballos na miniserie documental Desafíos do Océano: científicas ao mando. Especies invasoras, plásticos mariños, erosión costeira, acidificación oceánica, eventos extremos e sostibilidade son os retos que abordan en cada un dos capítulos, de 15 minutos de duración, que xa están dispoñibles na rede. O edificio Redeiras da Universidade de Vigo acolleu este venres a presentación pública desta miniserie documental de seis capítulos, un proxecto posto en marcha pola Universidade de Vigo a través do Campus do Mar coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia e Innovación, FECYT, que achega un orzamento de 18.000 euros. O acto contou coa participación de tres das seis protagonistas deste proxecto audiovisual, que compartiron co público as súas experiencias.
Fonte: DUVI

Presenta: Daniel Rey García
Director do Campus do Mar, Universidade de Vigo
Vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Universidade de Vigo
Noelia Estévez
Xestora de proxecto do Campus do Mar, Universidade de Vigo
Celia Olabarria
Especies invasoras - CIM-UVigo
Lucía Viñas
Plásticos mariños - IEO
Ana Bernabeu
Erosión costeira - CIM-UVigo
Marta Álvarez
Acidificación oceánica - IEO
Silvia Torres
Eventos extremos - Cetmar
Carmen González Sotelo
Sostibilidade da pesca - IIM-CSIC

Vídeos da mesma serie
Acto de presentación da mini-serie documental do Campus do Mar “Desafíos do Océano: científicas ao mando”
Seis investigadoras referentes en distintos ámbitos do medio mariño dan a coñecer as súas visións sobre especies invasoras, plásticos mariños, erosión, acidificación oceánica e sostibilidade
21 de set. de 2022