Ponte… nas ondas! reunirá de xeito virtual a preto de 2000 estudantes de 38 escolas galegos e portugueses o vindeiro 13 de febreiro, co gallo do 'Día Mundial da Radio''. 7 de feb. de 2023

Visto 17 veces

Ponte… nas ondas! reunirá de xeito virtual a preto de 2000 estudantes de 38 escolas galegos e portugueses o vindeiro 13 de febreiro, co gallo do 'Día Mundial da Radio''.

Combinarase a emisión en directo desde múltiples emisoras con difusión en streaming

Preto de 2000 estudantes de 38 escolas, institutos e centros universitarios de toda a Eurorrexión Galicia norte de Portugal celebrando xuntos o Día Mundial da Radio. Esa é a idea coa que a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas! está a organizar a décimo segunda edición do Día Mundial da Radio. Será o vindeiro luns 13 de febreiro en diferentes radios e centros de ensino de toda Galicia e norte de Portugal, incluído o edificio Miralles da Universidade de Vigo, nodo central desta celebración e ata onde se achegarán, ademais do propio alumnado universitario, alumnas e alumnos de 15 escolas de ensino primario, catro centros de ensino secundario e, participando por primeira vez nesta iniciativa, o centro de educación especial Saladino Cortizo de Vigo.

Fonte: DUVI

Vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Universidade de Vigo
Anxo Lorenzo
Director xeral de Políticas Culturais, Xunta de Galicia
Santiago Veloso Troncoso
Profesor de Lingua e Literatura Galega , Presidente da Asociación Cultural e Pedagóxica PONTE... nas ONDAS!
Xerardo Feijoo
Profesor do CEIP Infante Felipe de Salvaterra de Miño e secretario da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas!
Uxía Senlle
Cantautora