Acto do Día das Letras Galegas 2023 26 de maio de 2023
Acto do Día das Letras Galegas 2023
A Universidade de Vigo viviu unha particular viaxe ao pasado, unha viaxe no tempo que a levou a situarse no 15 de maio de 1992, data na que a institución, que daquela daba os seus primeiros pasos, nomeaba coma primeiro doutor honoris causa, a máis alta distinción que pode conceder unha universidade e que só se dirixe a persoas con méritos de moita excelencia, ao intelectual galeguista Francisco Fernández del Riego, exercendo como madriña do acto, a profesora Mª Victoria Carballo-Calero. 31 anos despois, a institución lembrou esa data para homenaxear a figura de quen foi considerado o último patriarca do galeguismo, a quen se dedica a celebración do Día das Letras Galegas 2023, unha data que na UVigo se viviu cun sentimento moi especial.