Vigo Noir, cidade ilustrada 18 de maio de 2023
Vigo Noir, cidade ilustrada
Mesa redonda
Vigo é unha cidade de novela, unha cidade, sobre todo, de novela negra. E éo grazas a obras de escritores como Domingo Villar, Pedro Feijoo, Manuel Forcadela, Ledicia Costas ou Beto Luaces, que a elixiron como escenario criminal e a converteron, nalgún caso, mesmo nun personaxe máis da historia.
Para debater sobre os motivos e as condicións que se dan e se deron para que figuras literarias coma estas escollesen Vigo como escenario das súas novelas criminais. Nin a data nin o lugar son unha casualidade, xa que coincidirá co primeiro cabodano do falecemento de Domingo Villar, e trátase dunha zona moi presente nas andainas do inspector Leo Caldas, polo que o evento servirá tamén como homenaxe ao escritor vigués.
Fonte: DUVI