O instrumento multilateral BEPS e o Dereito da Unión Europea 21 de xul. de 2023

Visto 623 veces

O instrumento multilateral BEPS e o Dereito da Unión Europea

Conferencia

Nesta conferencia de clausura anual do Módulo Jean Monnet: “A cooperación entre Administracións tributarias na contorna dixital da Unión Europea” (JEATRIB, 10104776), o profesor Pasquale Pistone aborda: “O instrumento multilateral BEPS e o Dereito da Unión Europea”. Na primeira parte da intervención analízanse: A natureza xurídica, a función e o alcance do instrumento multilateral BEPS. Na segunda parte o ponente céntrase nas súas implicacións dende a óptica do Dereito primario e Dereito secundario da Unión Europea.

Presenta: Luis Miguel Muleiro Parada
Pasquale Pistone
Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Salerno e director académico do International Bureau of Fiscal Documentation (IBFD).