Apertura do seminario 27 de out. de 2023

Visto 12 veces

Apertura do seminario

Na a primeira parte deste seminario faise unha aproximación teórica ao concepto de masculinidade hexemónica machista dentro da sociedade. Abordarase como achegarse ás masculinidades tóxica e enfrontalas, ofrecendo modelos igualitarios ao alumnado de educación secundaria.

Na segunda parte deste seminario, abórdase a importancia da educación na promoción da igualdade, atendendo á perspectiva legal e ética. Explicarase a necesidade de incorporar a igualdade de xénero, a diversidade e a non discriminación no sistema educativo, atendendo ao marco legal vixente. Traballarase sobre exemplos prácticos reais a introdución da coeducación no curriculum de educación secundaria.

Presenta: Cristina Batlle
Secretaria do Mestrado Universitario en profesorado, Universidade de Vigo
Águeda Gómez Suárez
Directora da Unidade de Igualdade, Universidade de Vigo.