Benvida institucional 16 de out. de 2025

Visto 7 veces

Benvida institucional

A conmemoración do Día das Escritoras 2025 terá na Universidade de Vigo unha protagonista clara: a tradutora, escritora e, ata hai uns meses, profesora de Departamento de Lingua Española, Rexina Vega.

Os seus compañeiros e compañeiras da Facultade de Filoloxía e Tradución e do Departamento de Lingua Española renderanlle homenaxe este xoves nun acto que terá lugar no edificio Redeiras a partir as 16.30 horas. Arredor da súa obra xirará todo un programa de relatorios, lecturas e mesas redondas que axudarán a poñer en valor a súa traxectoria como narradora e poeta e servirán como un diálogo interxeracional tanto sobre os seus escritos como sobre a literatura galega contemporánea.

i18n.one.Series: Homenaxe a Rexina Vega
Decano da Facultade de Filoloxía e Tradución, Universidade de Vigo
M.ª Rosa Pérez Rodríguez
Directora do Departamento de Lingua Española, Universidade de Vigo
Xesús Alonso Montero
Ensaísta, socialingüista, poeta e conferenciante español, catedrático de literatura galega e Presidente da Real Academia Galega e do Consello da Cultura galega

Vídeos da mesma serie