Fragmentos e comentarios da obra 5 de nov. de 2025

Visto 2 veces

Fragmentos e comentarios da obra

Mesa redonda

A conmemoración do Día das Escritoras 2025 terá na Universidade de Vigo unha protagonista clara: a tradutora, escritora e, ata hai uns meses, profesora de Departamento de Lingua Española, Rexina Vega.

Os seus compañeiros e compañeiras da Facultade de Filoloxía e Tradución e do Departamento de Lingua Española renderanlle homenaxe este xoves nun acto que terá lugar no edificio Redeiras a partir as 16.30 horas. Arredor da súa obra xirará todo un programa de relatorios, lecturas e mesas redondas que axudarán a poñer en valor a súa traxectoria como narradora e poeta e servirán como un diálogo interxeracional tanto sobre os seus escritos como sobre a literatura galega contemporánea.

i18n.one.Series: Homenaxe a Rexina Vega
Presenta: Immaculada Báez Montero
Profesora titular da área de Lingua Española Departamento de Lingua Española, Universidade de Vigo
Benigno Fernández Salgado
Profesor Doctorado en Comunicación , Universidade de Vigo
Xosé María Álvarez Cáccamo
Escritor, crítico literario e mestre de literatura
Aránzazu Calderón Puerta
U. Warzawski
Manuel Forcadela
Profesor Titular na Facultade de Filoloxía e Tradución, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie