Universidade de Vigo - 25 aniversario - Avóa 9 de xuño de 2015

Visto 2107 veces

Universidade de Vigo - 25 aniversario - Avóa

"Abriron negocios e hai marcha pola noite... iso é o que me conta o meu neto, claro"

Os 25 anos da Universidade de Vigo son tamén 25 anos de estreita relación entre a comunidade universitaria dos tres campus e as tres cidades do sur de Galicia que lles dan acubillo. Un cuarto de século no que a transferencia de coñecemento e de innovación forneceu o tecido empresarial galego, no que os investigadores e investigadoras se puxeron ao servizo da contorna, no que a sociedade se converteu en parte esencial da vida universitaria e no que a cultura e o deporte serviron como nexos de unión para levar a Universidade ás cidades. Por iso, na campaña de captación de alumnado que este ano coincide coa celebración do 25 aniversario da Universidade, a proximidade coa sociedade e coa contorna empresarial ten un peso especial. O reitor Salustiano Mato, presenta publicamente a nova campaña promocional, por primeira vez con carácter autonómico, que adopta o lema do 25 aniversario: Xerando Actitude Uvigo. As accións comunicativas aséntanse nas catro patas que sustentan á Universidade: o alumnado, o persoal docente e investigador, o persoal de administración e servizos e a sociedade.

Organiza: Ciprián Rivas
Director do Gabinete do Reitor, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Universidade de Vigo - 25 aniversario - Avóa
"Abriron negocios e hai marcha pola noite... iso é o que me conta o meu neto, claro"
9 de xuño de 2015
Universidade de Vigo - 25 aniversario - Profesor
"É un fenómeno social, foi un xeito de ampliar horizontes"
9 de xuño de 2015
Universidade de Vigo - 25 aniversario - Estudante
"Dous dos meus colegas están estudando conmigo aquí"
9 de xuño de 2015
Universidade de Vigo - 25 aniversario - PAS
"A Universidade de Vigo fíxome sentir na miña segunda casa"
9 de xuño de 2015
Universidade de Vigo - 25 aniversario - Empresaria
"Cambiou a visión da cidade e creo que ata a forma de facer negocios"
9 de xuño de 2015