Presentación do UM23, o novo monopraza de UVigo Motorsport
Co UM23 van xa oito monoprazas deseñados, construídos e pilotados por estudantes da Universidade de Vigo cos que medirse a equipos de todo o continente na Formula Student, a competición estudantil de motor máis importante de Europa que neste 2023 cumpre 25 anos. O novo coche participará este verán en tres probas, dúas delas Silverstone, onde competirá na proba clásica do Formula Student UK e tamén no Formula Student UK AI para vehículos autónomos, e no Formula Student Spain.
Español
Vistas totales:
48