Entrega do premio Alumni-UVigo Investigación 7 de xul. de 2023

Visto 9 veces

Entrega do premio Alumni-UVigo Investigación

Acto de entrega dos II Premios Alumni UVigo cos que a Universidade de Vigo recoñece o labor persoal e profesional de persoas que integran a comunidade de antigos estudantes, ao tempo que se pretende incentivar a relación da institución cos seus egresados e egresadas.

O acto foi dirixido por Susana Rodriguez Barcia, e contou coa participación, entre outros, do alcalde de Vigo, Abel Caballero, que recibiu o premio Alumni-UVigo Distinguido, e a catedrática África González, galardoada co recoñecemento Alumni-UVigo Honorífico.

Entregaronse galardóns en cinco categorías -emprendemento, humanidades, impacto social, investigación e traxectoria profesional- e cada unha das persoas premiadas recibiu un pequeno agasallo e un diploma acreditativo co que a institución e, en particular a súa comunidade alumni, quere simbolizar o recoñecemento da súa achega á sociedade.

Fonte: DUVI

Presenta: Susana Rodríguez Barcia
Profesora na Facultade de Filoloxía e Tradución, Universidade de Vigo
África González
Directora del Centro De Investigaciones Biomédicas (CINBIO), Universidade de Vigo
Daniel Rey García
Grupo de xeoloxía mariña e ambiental, departamento de xeociencias mariñas, Universidade de Vigo