Entrega de premios e encontro ALUMNI-UVIGO 2023 7 de xul. de 2023

Visto 23 veces

Entrega de premios e encontro ALUMNI-UVIGO 2023

Acto de entrega dos II Premios Alumni UVigo cos que a Universidade de Vigo recoñece o labor persoal e profesional de persoas que integran a comunidade de antigos estudantes, ao tempo que se pretende incentivar a relación da institución cos seus egresados e egresadas.

O acto foi dirixido por Susana Rodriguez Barcia, e contou coa participación, entre outros, do alcalde de Vigo, Abel Caballero, que recibiu o premio Alumni-UVigo Distinguido, e a catedrática África González, galardoada co recoñecemento Alumni-UVigo Honorífico.

Entregaronse galardóns en cinco categorías -emprendemento, humanidades, impacto social, investigación e traxectoria profesional- e cada unha das persoas premiadas recibiu un pequeno agasallo e un diploma acreditativo co que a institución e, en particular a súa comunidade alumni, quere simbolizar o recoñecemento da súa achega á sociedade.

Fonte: DUVI

Presenta: Susana Rodríguez Barcia
Profesora na Facultade de Filoloxía e Tradución, Universidade de Vigo
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Universidade de Vigo
Manuel Reigosa Roger
Reitor, Universidade de Vigo
África González
Directora del Centro De Investigaciones Biomédicas (CINBIO), Universidade de Vigo
Abel Caballero Álvarez
Alcalde, Concello de Vigo
Iván Suarez
Presidente, Asociación de Xovenes Emprendedores de Vigo
Ana Fuentes Crego
Directora de Comunicación, Consorcio Zona Franca de Vigo
Anxo lorenzo
Director xeral de Políticas Culturais, Xunta de Galicia
Roberto Campo Riveiro
Director, Asociación Down Vigo
Daniel Rey García
Grupo de xeoloxía mariña e ambiental, departamento de xeociencias mariñas, Universidade de Vigo
Ernesto Pedrosa
Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo