Presentación do UM23, o novo monopraza de UVigo Motorsport 7 de xul. de 2023

Visto 39 veces

Presentación do UM23, o novo monopraza de UVigo Motorsport

Co UM23 van oito. Oito monoprazas deseñados, construídos e pilotados por estudantes da Universidade de Vigo cos que medirse a equipos de todo o continente na Formula Student, a competición estudantil de motor máis importante de Europa que neste 2023 cumpre 25 anos. O novo coche, que se presentou na tarde deste mércores, participará este verán en tres probas, dúas delas Silverstone, onde competirá na proba clásica do Formula Student UK e tamén no Formula Student UK AI para vehículos autónomos, e no Formula Student Spain.

Detrás desta fazaña está un equipo formado por 71 estudantes, case o dobre que en temporadas anteriores, de 21 das titulacións das que se imparten na Universidade de Vigo. Teñen especial peso en UVigo Motorsport os estudantes de Enxeñaría Mecánica (21) e os de Enxeñaría Informática (12), seguidos polo de Enxeñaría Aeroespacial (8) ou Intelixencia Artificial (4). Con todo, e dado que o equipo debe funcionar como unha escudaría e desenvolver todas as función e tarefas que isto require, contan tamén con alumando de titulacións como Educación Social, Enxeñaría de Organización ou Administración e Dirección de Empresas.
Fonte: DUVI

Presenta: Guillermo Vázquez
Team leader, Uvigo Motorsport
Presenta: Antonio Presa González
Technical leader, Uvigo Motorsport
Presenta: Rubén Fernández Boullón
Responsable de autónomo, Uvigo Motorsport
Presenta: Omar Insua Rodríguez
Responsable de chasis, Uvigo Motorsport
Presenta: Ana Lorenzo Rodríguez
Responsable de dinámica, Uvigo Motorsport
Presenta: Antía Domínguez Rodríguez
Responsable de electrónica, Uvigo Motorsport
Presenta: Juan Mejuto Gutiérrez
Responsable de propulsión, Uvigo Motorsport
Presenta: Hugo Fernández Darriba
Responsable de aerodinámica, Uvigo Motorsport
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade, Xunta de Galicia
Reitor, Universidade de Vigo
Jacobo Porteiro Fresco
Adxunto ao reitor para a sustentabilidade, Universidade de Vigo
Abel Caballero Álvarez
Alcalde, Concello de Vigo
Ana Mejías
Vocal sustituta do Delegado do Estado no Consorcio Zona Franca de Vigo
Ana Ortiz
Delegada da Xunta en Vigo