Protagonistas dos Feminismos en Portugal a través da Historia - Quenda de cuestións 13 de abr. de 2018
Protagonistas dos Feminismos en Portugal a través da Historia - Quenda de cuestións
Intervención de Burghard Baltrusch
"O coloquio contou coa participación de Silvia Bermúdez, que ademais de presentar o volume, realizou unha contextualización histórica do estado da investigación dende a obra pioneira El feminismo ibérico (1970) de Aurèlia Capmany, ata a presente obra. Pola súa banda, Olga Castro, da Aston University, achegouse ao ámbito galego, centrándose nos trazos distintivos do feminismo galego nos comezos do século XX e nunha mesa redonda final, xuntaronse as dúas conferenciantes con outra coautora, María do Cebreiro Rábade Villar, para abordar a situación actual dos feminismos ibéricos desde a transición ou do 25 de abril até a actualidade. A propia María do Cebreiro cun recital poético-musical e o grupo Cintaadhesiva de Silvia Penas cunha actuación musical foron os encargados de pechar o coloquio."