5. Orixe, concepción e xénesis da Literatura 17 de mar. de 2015

Visto 10395 veces

5. Orixe, concepción e xénesis da Literatura

A orixe da Literatura sitúase no seno das experiencias numinosas máis primixenias do ser human. Progresivamente, a Literatura irá incorporando os resultados dos avances racionais, procedentes da Filosofía e da Ciencia, e disociándose cada vez máis do numinoso e o relixioso. A literatura configúrase como unha actividade human causante da secularización dos dogmas, da ficcionalización dos deuses e do triunfo da razón antropolóxica sobre a razón teolóxica. O nacemento da Literatura impone a morte de todos os deuses, é dicir, converte ás divinidades en ficcións.