Mia irmana fermosa, treides comigo 29 de maio de 2018
Mia irmana fermosa, treides comigo
Actuación conxunta
Dende a lírica medieval ata o pop ou o rock, artistas como Uxía, Roi Casal, Abe Rábade ou Eladio Santos interpretaron as súas propias versións das sete cantigas. A cantiga primeira, Ondas do Mar de Vigo, correu a cargo de Roi Casal abrindo o recital. Tras el, Uxía subiuse o escenario para dar vida á segunda cantiga, Mandad’hei comigo, e Eladio Santos para a terceira, Mia irmana fermosa, treides comigo. O grupo Martin Codax musicou a cuarta cantiga, Ai Deus! se sab’ora meu amigo, mentres que a quinta, Quantas sabedes amar amigo, correu a cargo de Alejo Amoedo e Susana de Lorenzo. Para as dúas últimas pezas os artistas convidados foron a poeta Yolanda Castaño, que recitou Eno sagrado, en Vigo e Abe Rábade, que tocou ao piano a derradeira cantiga, Ai ondas que eu vin ver. Todos eles puxeron o punto final ao concerto volvendo a interpretar, pero de forma conxunta e unindo diferentes estilos e maneiras de entender a música, Mia irmana fermosa.