Benvida ó acto e firma do convenio de colaboración 20 de xul. de 2017

Visto 440 veces

Benvida ó acto e firma do convenio de colaboración

A Universidade de Vigo e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria subscribiron hoxe un convenio para a realización conxunta de actividades, que teñen o obxectivo de achegar á cidadanía de Galicia a obra que contén as sete cantigas de Martin Codax, seis delas coa súa notación musical. “É un fito único para Galicia e Vigo que nos permite poñer a Vigo a Galicia e a nosa cultura no mundo”, asegurou o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, que agradeceu o traballo e apoio de entidades públicas e privadas e particulares que colaboraron coa institución académica para facer posible o retorno do Pergamiño á beira do mar que o viu nacer hai oito séculos. O músico Roi Casal foi o encargado de amenizar un acto no que xunto ao reitor da Universidade de Vigo, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestaron a súa satisfacción polo retorno da obra de Martin Codax á cidade olívica, “de onde nunca debeu saír”, asegurou Caballero.

Presenta: Noelia Otero
Xornalista

Vídeos da mesma serie
Acto completo
Presentación do acordo de colaboración para a realización de actividades con motivo da chegada do Pergamiño Vindel a Vigo
20 de xul. de 2017
Actuación de Roi Casal
"A fortuna de poder amar"
20 de xul. de 2017
Intervención de Abel Caballero Álvarez
Alcalde de Vigo
20 de xul. de 2017
Intervención de Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
20 de xul. de 2017
Actuación de Roi Casal
"Rosa"
20 de xul. de 2017
Intervención de Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo
20 de xul. de 2017
Actuación de Roi Casal
Roi Casal interpreta "Ondas do mar de Vigo" unha das cantigas de Martín Códax
20 de xul. de 2017