Francisco Singul, Alejo Amoedo, Quique Costas e Mariña Albor falan sobre o Pergamiño Vindel 20 Xul, 2017

Visto 476 veces

Francisco Singul, Alejo Amoedo, Quique Costas e Mariña Albor falan sobre o Pergamiño Vindel

A Universidade de Vigo e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria subscribiron hoxe un convenio para a realización conxunta de actividades, que teñen o obxectivo de achegar á cidadanía de Galicia a obra que contén as sete cantigas de Martin Codax, seis delas coa súa notación musical. “É un fito único para Galicia e Vigo que nos permite poñer a Vigo a Galicia e a nosa cultura no mundo”, asegurou o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, que agradeceu o traballo e apoio de entidades públicas e privadas e particulares que colaboraron coa institución académica para facer posible o retorno do Pergamiño á beira do mar que o viu nacer hai oito séculos. O músico Roi Casal foi o encargado de amenizar un acto no que xunto ao reitor da Universidade de Vigo, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestaron a súa satisfacción polo retorno da obra de Martin Codax á cidade olívica, “de onde nunca debeu saír”, asegurou Caballero.

Presenta: Noelia Otero
Xornalista
Francisco Singul
Comisario, Exposición del Pergamiño Vindel
Alejo Amoedo
Membro da asociación pertenza
Xosé Henrique Costas
Director do Departamento de Filoloxía galega e latina, Universidade de Vigo
Mariña Albor Aldea
Profesora de Filoloxía Galega, Universidade de Santiago de Compostela
Vídeos da mesma serie
Acto completo
Presentación do acordo de colaboración para a realización de actividades con motivo da chegada do Pergamiño Vindel a Vigo
20/07/2017
Actuación de Roi Casal
"A fortuna de poder amar"
20/07/2017
Intervención de Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
20/07/2017