Clausura do acto e saida o exterior da base Gabriel de Castilla 24 de feb. de 2016

Visto 604 veces

Clausura do acto e saida o exterior da base Gabriel de Castilla

Ás 11.00 horas da mañá en Galicia, 07.00 horas na base Gabriel de Castilla da illa Decepción, na Antártida, arrancaba unha das clases máis peculiares que os estudantes de Ciencias do Mar van ter durante a súa etapa universitaria. Dende o continente xeado, e salvando a diferenza horaria, os tres científicos da Universidade de Vigo que participan na Campaña Antártica explicáronlles en que consiste o proxecto de investigación que están a desenvolver a preto de 14.000 km de distancia. O reitor, Salustiano Mato, a decana de Ciencias do Mar, Belén Rubio, xunto con docentes e estudantes da facultade asistiron a esta videoconferencia con Mariano Lastra, Jesús López e Jesús Souza Troncoso, que levan dende a primeira semana de febreiro traballando nas praias da baía Foster da illa Decepción. O proxecto, sexto deste grupo de investigadores no continente antártico, ten unha duración total de tres anos, un orzamento de 50.000 euros, e comprende dúas campañas na Antártida, a deste mes de febreiro e outra xusto un ano despois. O seu estudo céntrase nos procesos ecolóxicos e bioxeoquímicos asociados á descomposición de algas en intermareais sedimentarios e desenvólvese en colaboración con investigadores da USC.

Presenta: Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor, Universidade de Vigo
Presenta: Belén Rubio Armesto
Decana Facultade Ciencias do Mar
Jesús López Pérez
Vicedecano da Facultade de Ciencias do Mar
Mariano Lastra
Director do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal. Universidade de Vigo
Jesús Souza Troncoso
Profesor, Doutor en Zooloxía, Universidade de Vigo