Plan de acción titorial na universidade 17/04/2009

Visto 7010 veces

Plan de acción titorial na universidade

A “Aprendizaxe Baseada en Proxectos”, caracterizada polo traballo en pequenos grupos orientados á solución dun problema, é un dos métodos de ensino-aprendizaxe que tomou máis arraigamento nas institucións de educación superior nos últimos anos. Os alumnos toman responsabilidades e desenvolven competencias e habilidades que son básicas no seu proceso formativo. Este método preséntase como unha alternativa con maior ou menor intensidade, na maior parte das disciplinas.

Presenta: Pedro Membiela
Vicerreitor de Formación e Innovación Educativa, Universidade de Vigo
Joaquín Gairín Sallán
Catedrático Área de Didáctica y Organización Educativa, Universitat Autónoma de Barcelona