Primeiros anos do servizo de deportes da Universidade de Vigo (Parte 1) 17 de nov. de 2016
Primeiros anos do servizo de deportes da Universidade de Vigo (Parte 1)
Entrevistas en vídeo
O Teatro Principal de Ourense acolleu a XXV Gala do Deporte da Universidade de Vigo. 44 persoas e colectivos subiron ao escenario para recoller uns galardóns nos que se premiaba non só os éxitos deportivos que acadaron durante o curso 2015/2016 senón tamén o seu traballo a prol da difusión de valores compartidos tanto polo deporte como pola universidade, como son o esforzo, a constancia, o afán de superación, a xenerosidade, a solidariedade, a excelencia ou o traballo en equipo. Nunha cerimonia na que tamén se conmemorou o 25 aniversario da creación da Área de Benestar, Saúde e Deporte, Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, salientou “a impotancia de recuperar a cultura do esforzo” que os galardoados e galardoadas na gala representan.