Persoal propio e egresado 17 de nov. de 2016
Persoal propio e egresado
Entrega de premios
O Teatro Principal de Ourense acolleu a XXV Gala do Deporte da Universidade de Vigo. 44 persoas e colectivos subiron ao escenario para recoller uns galardóns nos que se premiaba non só os éxitos deportivos que acadaron durante o curso 2015/2016 senón tamén o seu traballo a prol da difusión de valores compartidos tanto polo deporte como pola universidade, como son o esforzo, a constancia, o afán de superación, a xenerosidade, a solidariedade, a excelencia ou o traballo en equipo. Nunha cerimonia na que tamén se conmemorou o 25 aniversario da creación da Área de Benestar, Saúde e Deporte, Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, salientou “a impotancia de recuperar a cultura do esforzo” que os galardoados e galardoadas na gala representan.