Vivir mellor con menos 24 de nov. de 2016
Vivir mellor con menos
Achégate ao Sur | Impórtanos | Campaña de sensibilización
Na percepción común, na nosa sociedade, o crecemento ecomómico é como unha bendición. O que se nos vén a dicir é que alí onde hai crecemento económico, hai cohesión social, servizos públicos razoablemente solventes, o desemprego non gaña terreo, e a desigualdade tampouco é grande. Hoxe estamos na obrigación de discutir hipercríticamente todas estas afirmacións... Profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid, Carlos Taibo é a figura máis destacada no noso país da Teoría do Decrecemento. Escritor con cerca de 40 libros publicados, acaba de publicar o libro titulado "Colapso. Capitalismo terminal, transición ecosocial, ecofascismo" (Los Libros de la Catarata). Organizada por Impórtanos coa Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, dentro do obradoiro "Achégate ao Sur" e financiada polo Concello de Vigo e a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea (Xunta de Galicia).