Efeto do cambio climático na interacción entre Unio delphinus e Corbicula fluminea 5 de abr. de 2016
Efeto do cambio climático na interacción entre Unio delphinus e Corbicula fluminea
Conferencia
Carpobrotus edulis, Corbicula fluminea, Acacia longifolia… son especies invasoras que ameazan os ecosistemas alóctonos e poñen en perigo a biodiversidade. A comunidade científica leva décadas estudando posibles técnicas para a súa eliminación e para a recuperación dos espazos invadidos, motivo polo que foi o tema elixido para a terceira edición do ciclo de relatorios de divulgación científica Divulgate. Esta iniciativa, que arrancou en 2014 impulsada pola Delegación de Alumnado de Bioloxía Lynn Margulis, comezou onte martes e desenvolverase ao longo desta semana na facultade viguesa. Onte martes arrancaron as charlas coa intervención de Alba Ferreiro, que presentou un estudo sobre o impacto do Carpobrotus edulis no comportamento do caracol das dunas Theba pisana. Laura Fandiño, pola súa banda, afondou no efecto do cambio climático na interacción entre a Unio delphinus, unha ameixa de río, e a Corbicula fluminea, ameixa asiática invasora. Brea Bernardo Carrillo, presidente de la Delegación de Alumnos, presentou un estudo sobre como as plantas defenden o seu ecosistema das invasións.
O obxectivo deste programa é dar a coñecer os traballos científicos desenvoltos polo alumnado ao tempo que se converte nunha palestra para un primeiro contacto coa divulgación científica, aprendendo a comunicar e a dar a coñecer os resultados da investigación, polo que leva como título A falar apréndese falando. Este mércores continúan as ponencias centradas nas especies invasoras, como a de Marisole Calbi, que seguirá afondando na interacción entre Carpobrotus edulis e Theba pisana baixo condicións controladas. Mentres Miriam González presentará as súas achegas sobre o polimorfismo de concha en poboacións naturais de L. fabalis do mar Branco. Esta segunda xornada complétase cunha saída polo campus para buscar e identificar posibles especies invasoras.