Acto de inauguración 5 de abr. de 2016

Visto 495 veces

Acto de inauguración

Carpobrotus edulis, Corbicula fluminea, Acacia longifolia… son especies invasoras que ameazan os ecosistemas alóctonos e poñen en perigo a biodiversidade. A comunidade científica leva décadas estudando posibles técnicas para a súa eliminación e para a recuperación dos espazos invadidos, motivo polo que foi o tema elixido para a terceira edición do ciclo de relatorios de divulgación científica Divulgate. Esta iniciativa, que arrancou en 2014 impulsada pola Delegación de Alumnado de Bioloxía Lynn Margulis, comezou onte martes e desenvolverase ao longo desta semana na facultade viguesa. Onte martes arrancaron as charlas coa intervención de Alba Ferreiro, que presentou un estudo sobre o impacto do Carpobrotus edulis no comportamento do caracol das dunas Theba pisana. Laura Fandiño, pola súa banda, afondou no efecto do cambio climático na interacción entre a Unio delphinus, unha ameixa de río, e a Corbicula fluminea, ameixa asiática invasora. Brea Bernardo Carrillo, presidente de la Delegación de Alumnos, presentou un estudo sobre como as plantas defenden o seu ecosistema das invasións.
O obxectivo deste programa é dar a coñecer os traballos científicos desenvoltos polo alumnado ao tempo que se converte nunha palestra para un primeiro contacto coa divulgación científica, aprendendo a comunicar e a dar a coñecer os resultados da investigación, polo que leva como título A falar apréndese falando. Este mércores continúan as ponencias centradas nas especies invasoras, como a de Marisole Calbi, que seguirá afondando na interacción entre Carpobrotus edulis e Theba pisana baixo condicións controladas. Mentres Miriam González presentará as súas achegas sobre o polimorfismo de concha en poboacións naturais de L. fabalis do mar Branco. Esta segunda xornada complétase cunha saída polo campus para buscar e identificar posibles especies invasoras.

i18n.one.Series: Proyecto DivulGATE 2016
Brea Bernardo Carrillo Rodríguez
Alumno, Presidente da Delegación de Alumnos, Grao de Bioloxía
Jesús Míguez Miramontes
Decano da Facultade de Bioloxía, Uniersidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Acto de inauguración
5 de abr. de 2016
Plantas que defenden o seu fogar de invasións.
Quenda de cuestións
5 de abr. de 2016
A gran travesía: Dende as antipodas ata Portugal, pasando por Sudáfrica
Crónica do biocontrol de Acacia longifolia
7 de abr. de 2016