No mar, as mulleres son protagonistas absolutas 14 de nov. de 2016
No mar, as mulleres son protagonistas absolutas
Intervención de José Manuel Corbacho
Recoñecer e dar a coñecer as achegas, “invisibles e silenciadas”, das mulleres a sustentabilidade do mar constitúe o obxectivo principal da terceira edición das xornadas Bo uso e mal uso do mar, que ao longo deste luns promoven no campus un achegamento á sustentabilidade en feminino. Promovidas pola Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte xunto con Campus de Excelencia Internacional-Campus do Mar e o Consello da Cultura Galega, a terceira edición destas xornadas constitúe así mesmo o punto de partida dun proxecto que, coa colaboración destas institucións xunto coa Deputación de Pontevedra e a Unidade de Igualdade da Universidade, tratará de dar voz a esas achegas das mulleres a través dunha exposición itinerante e da publicación dun libro.