Llembranza de varias anécdotas vividas na súa época de estudante con Carlos Casares e vivencias durante os difíciles inicios da posta en marcha da titulación 20 de set. de 2016
Llembranza de varias anécdotas vividas na súa época de estudante con Carlos Casares e vivencias durante os difíciles inicios da posta en marcha da titulación
Punto de partida dos actos de celebración do 25 aniversario dos estudos de Tradución e Interpretación
Punto de partida dos actos de celebración do 25 aniversario dos estudos de Tradución e Interpretación, unha das titulacións máis internacionais e emblemáticas da Universidade de Vigo. Haberá actividades todo o curso, pero o arranque tiña que ser algo especial e que fose quen de unir as dúas almas do centro: o mundo da literatura e o da tradución. A solución chegou da man da Fundación Carlos Casares que, “encantados”, aceptaron o convite do centro para traer ao campus a mostra O principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares, unha recompilación de máis dun centenar de exemplares que o autor, ao que o vindeiro ano se lle dedicará o Día das Letras Galegas, adquiriu ao longo da súa vida da inmortal obra de Antoine de Saint-Exupéry, O principiño, un texto traducido a linguas de todo o mundo.