Debate exhibición. Instituto SEK Atlántico. 15 de dec. de 2016
Debate exhibición. Instituto SEK Atlántico.
Deben ser prohibidas as corridas de toros?
Arranca unha nova edición, a cuarta, da Liga de Debate que cada ano acolle a Facultade de Dereito do campus de Ourense. O alumnado de calquera titulación da Universidade de Vigo interesado en participar nela ten de prazo ata o luns 21 de novembro para apuntarse. Para facelo, o único requisito é formar un equipo dun mínimo de dous e un máximo de catro membros. “Os estudantes que participan cada ano rematan moi satisfeitos da experiencia porque ao mesmo tempo que se divirten fórmanse. Por este motivo, animamos a todo o alumnado interesado a participar nesta cuarta edición”, sinala Pablo Raúl Bonorino, profesor de Filosofía do Dereito responsable desta actividade. “Despois de tres edicións, a liga xa forma parte do noso calendario anual, xa está consolidada”, comenta o coordinador da iniciativa. O seu interese, apunta, radica en que “é un evento cunha capacidade formativa moi importante ao mesmo tempo que ten unha faciana moi lúdica”. O debate, sinala Bonorino, mobiliza habilidades e competencias transversais do alumnado, como saber falar e expresarse axeitadamente en público, argumentar e contraargumentar sen violencia, documentarse, traballar en equipo, dialogar e chegar a acordos, entre outras cuestións. Estas competencias e habilidades, recalca o docente, precisamente por ser transversais no currículo académico acaban non sendo abordadas especificamente por ningún docente, a pesar da súa relevancia, “pois cada un céntrase nos seus contidos”.