Intervención de Belén Rubio 5 Mai, 2017

Visto 640 veces

Intervención de Belén Rubio

Decana da facultade de Ciencias do Mar

Nos 25 anos de existencia da titulación de Ciencias do Mar, das súas aulas saíron 2200 titulados e tituladas que na actualidade traballan en eidos tan diversos como xestión e planificación do litoral, bioloxía mariña, xestión dos recursos pesqueiros e acuicultura, ecoloxía e conservación do medio mariño, xeoloxía mariña, botánica mariña, biotecnoloxía ou enerxía renovables mariñas. Co gallo da celebración deste cuarto de século dunha carreira, a Facultade de Ciencias do Mar organizou a xornada Oceanógrafos polo mundo, un encontro con antigos alumnos e alumnas das primeiras promocións co obxectivo de dar a coñecer as súas competencias laborais e as habilidades transversais que os converteron en profesionais recoñecidos. O alumnado actual e futuro e a sociedade en xeral puideron coñecer de preto a través da experiencia de nove egresados e egresadas o amplo abano de “destacados papeis que oceanógrafos e oceanógrafas desenvolven na actualidade”. No acto de apertura deste encontro Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, Rosa Quintana, conselleira do Mar e Belén Rubio, decana da Facultade de Ciencias do Mar coincidiron en destacar a versatilidade dos titulados de Ciencias do Mar e a consolidación dunha carreira exclusiva en Galicia, que so se imparte en seis universidades de todo o estado.

Belén Rubio Armesto
Decana de Ciencias do Mar, Universidade de Vigo
Vídeos da mesma serie
Benvida do Reitor
Salustiano Mato de la Iglesia
5/05/2017
Intervención de Belén Rubio
Decana da facultade de Ciencias do Mar
5/05/2017
Intervención de Rosa Quintana
Conselleira do mar
5/05/2017
Intervención de Salustiano Mato
Reitor da Universidade de Vigo
5/05/2017
Intervención de Ana Bernabeu
Vicedecana da facultade de Ciencias do Mar
5/05/2017
Intervención de Alfonso Fernández
Científico do Institute of Search for Extraterrestrial Intelligence_ SETI, NASA (EEUU)
5/05/2017
Intervención de Alfonso Fernández Dávila. Quenda de cuestións
Científico do Institute of Search for Extraterrestrial Intelligence_ SETI, NASA (EEUU)
5/05/2017
Intervención de MIguel Gil
Científico Titular do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (CSIC)
5/05/2017
Intervención de Carlos Botana Lagarón
Director do Departamento de Sostenibilidade da Autoridade Portuaria de Vigo
5/05/2017