Ondas do mar de Vigo 19 de dec. de 2017
Visto 221
veces
Ondas do mar de Vigo
Arranxo de Begoña Riobó
Da man de Cristina Pato, encargada de recuperar a súa historia e convertela nunha viaxe sonora, as cantigas de Martin Codax foron o eixo central arredor do cal xirou o Concerto de Nadal da Universidade de Vigo, que encheu todas as butacas do Teatro Afundación. Para esta proposta, que mesturou música, narración, historia e vangarda, a gaiteira galega rodeouse de oito artistas e bandas, como o músico Anxo Pintos, o grupo Martin Codax, a violinista Begoña Riobó, a cantante de hip-hop Wöyza, o Coro da Mariña dirixido por Ugía Pedreira e Pierrot Rougier, Yago Vázquez ao piano, Roberto Comesaña no acordeón e Miguel Cabana, na percusión.
i18n.one.Series:
Cristina Pato - Concerto de Nadal 2017
Cristina Pato
Artista e Educadora Interdisciplinaria
Anxo Pintos
Zanfona, Dúo Pärbo
Begoña Riobó
Violín e arpa, Dúo Pärbo
Wöyza
Voz
Roberto Comesaña
Acordeón
Miguel Cabana
Percursión, bateria
Vídeos da mesma serie