Un dia no Cinbio 19 de out. de 2018

Visto 258 veces

Un dia no Cinbio

20 nenos e nenas entre microscopios, vacinas e ADN

A xornada Un día no Cinbio fixo posible que unha vintena de rapazas e rapaces coñecesen de primeira man o traballo que se realiza nos laboratorios do centro de investigacións biomédicas. A súa directora, a catedrática África González, foi a encargada de darlles a benvida, e explicoulles que o equipo conta cunha elevada presenza de mulleres profesionais das áreas como o cancro, inmunidade, neurociencias, biosaúde e envellecemento activo, obesidade e nutrición, e de feito, dos 225 profesionais que traballan nel, o 54% son mulleres.

Tras esta charla, os nenos e nenas dividíronse en pequenos grupos para participar en obradoiros prácticos de diferentes temáticas, por exemplo, de histoloxía e microscopía, no que aprenderon a tinguir mostras orgánicas para poder analizalas no microscopio. Outro dos talleres centrouse na inmunoloxía, para amosarlles como funciona o sistema inmunitario e a resposta das vacinas. Tamén puideron traballar en temas relacionados con nutrición e elaboraron un almorzo saudable e noutro obradoiro extrairon o ADN dos chícharos: Ademais poideron ver cómo funciona un Citómetro de fluxo que permite face-la separación de célula única para estudar distintos aspectos da Bioloxía do cancro.

i18n.one.Series: Un dia no Cinbio

Vídeos da mesma serie
Un dia no Cinbio
20 nenos e nenas entre microscopios, vacinas e ADN
19 de out. de 2018