Acto académico de graduación da sétima promoción do Grao en Ciencias do Mar 2015-2019 7 de xuño de 2019

Visto 85 veces

Acto académico de graduación da sétima promoción do Grao en Ciencias do Mar 2015-2019

Acto Completo

A Facultade de Ciencias do Mar, celebrou o acto de graduación do seu grao, con 39 novos egresados e egresadas. O evento, que tivo lugar no edificio de Ciencias Experimentais, contou coa presenza da vicerreitora de Investigación, Belén Rubio; o alcalde da cidade, Abel Caballero; a directora do Instituto Español de Oceanografía, Victoria Besada e o presidente da Asociación de Oceanógrafos de Galicia, Jorge de los Bueis. Esta nova promoción de profesionais da oceanografía tivo como padriño ao profesor do Departamento de Bioloxía Fundamental, Juan José Pasantes e como madriña á catedrática do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio Soledad García Gil.

O decano de Ciencias do Mar, Miguel Ángel Nombela, recomendoulles aos novos titulados e tituladas que nesta nova etapa que emprenden “confíen na súa formación e se autoempoderen”, porque contan co respaldo dunha traxectoria académica “sólida porque foi achegada por un claustro de profesores que constitúe un referente nacional e internacional en investigación mariña”. O decano tamén remarcou que a titulación de Ciencias do Mar “os capacita profesionalmente para facer fronte aos grandes retos que se presentan tanto no estudo como na protección e a explotación racional dos océanos”. Neste sentido e ante unha contorna en constante cambio e evolución, recomendou a esta nova promoción que non deixen nunca de aprender “porque hoxe en día a formación é continua ao longo de, polo menos, toda a vida profesional”. Nombela despediuse lembrándolles que “esta Universidade e esta facultade sempre será a vosa casa”.

Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Universidade de Vigo
Abel Caballero Álvarez
Alcalde, Concello de Vigo
Jorge de los Bueis Mellado
Presidente Asociación Oceanógrafos
Soledad García Gil
catedrática do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio Soledad García Gi, Universidade de Vigo
Juan José Pasantes
Profesor do departamento de Bioloxía Fundamental, Universidade de Vigo
Miguel Ángel Nombela
Decano da Facultade de CIencias do Mar, Universidade de Vigo
Grupo Ventoleira