Lectura do manifesto en defensa das Humanidades 24 de set. de 2019
Lectura do manifesto en defensa das Humanidades
Máis de 70 asociacións e colectivos de toda Galicia, agrupadas baixo o paraugas do recén creado Movemento Galego polo Clima, sumáronse xa á folga mundial polo clima que se celebrará o 27 de setembro organizada por Fridays for future, movemento estudiantil que naceu da man da activista sueca Greta Thunberg. Neste contexto a Facultade de Filoloxía e Tradución acolleu unha palestra informativa na que un bo número de integrantes da comunidade universitaria puideron escoitar de preto as propostas deste movemento da man dun dos seus voceiros Kai Lois Baltrusch, estudante de Bioloxía.
Presentado polo profesor Joaquín Sueiro e ante un salón de actos case repleto, Kai Lois Baltrusch explicou que o Movemento Galego polo Clima naceu como unha plataforma en apoio á convocatoria internacional de folga realizada por Fridays for future. Nesta liña, fixo unha chamada a apoiar a folga do vindeiro venres de forma masiva e a acudir as manifestacións que están convocadas por todo o territorio galego. O activista defendeu na súa intervención o feito de que sexa a propia mocidade a que se poña á fronte deste movemento porque son as persoas máis novas as que máis van sufrir as consecuencias do cambio climático e o colapso ecolóxico que, en gran medida, están causados polas xeracións que os precederon. “Temos que facer unha chamada de atención, unha visibilización dun problema que se vai facer real en poucos anos e que imos a sufrir nós, a xente nova, as nosas fillas e as nosas netas”, recalcou o activista.