Acto de Graduación. Escola de Enxeñería Industrial 2015 - 2019 29 de maio de 2019

Visto 223 veces

Acto de Graduación. Escola de Enxeñería Industrial 2015 - 2019

Os novos titulados estiveron arroupados por numerosos familiares, autoridades e amigos

Arroupados por familiares, amigos e numerosas autoridades, a Escola de Enxeñería Industrial viviu onte un día de festa coa celebración do acto de graduación de 318 alumnas e alumnos, 318 novos profesionais que saen ao mercado dispostas e dispostos a pór todo da súa parte para incorporarse con éxito ao tecido económico e empresarial. 250 acaban de rematar as súas titulacións de grao e os demais finalizaron xa os seus mestrados: 48 o Máster de Enxeñaría Industrial; 9 o Máster en Enxeñaría de Organización e 11 os diferentes másteres profesionalizantes que oferta o centro e que inclúen temáticas como enerxía e sostenibilidade, mecatrónica, automoción, procesos de deseño e fabricación mecánica e riscos laborais.

Presenta: Ana Mejías Sacaluga
Docente da Escola de Enxeñería Industrial e membro do grupo de investigación Rede, Investigación en Economía, Enerxía e Medio Ambiente, Universidade de Vigo
Abel Caballero Álvarez
Alcalde, Concello de Vigo
Ernesto Pedrosa
Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo
Brais Campaña Comparada
Alumno da EEI, Universidade de Vigo
Álvaro García Iglesias
Alumno da EEI, Universidade de Vigo
Xavier Mouriño Pereiro
Alumno da EEI, Universidade de Vigo
Alfonso Rubio
Secretario territorial en Vigo, Xunta de Galicia
Juan Pardo Froján
Director da Escola de Enxeñería Industrial, Universidade de Vigo
Vicerrectora de Transferencia, Universidade de Vigo
Alba María Rodríguez
Alumno da EEI, Universidade de Vigo
Adrián Pérez
Alumno da EEI, Universidade de Vigo