Xuramento do Código Ético Profesional da Enxeñería da rama industrial 29 de maio de 2019

Visto 22 veces

Xuramento do Código Ético Profesional da Enxeñería da rama industrial

Arroupados por familiares, amigos e numerosas autoridades, a Escola de Enxeñería Industrial viviu onte un día de festa coa celebración do acto de graduación de 318 alumnas e alumnos, 318 novos profesionais que saen ao mercado dispostas e dispostos a pór todo da súa parte para incorporarse con éxito ao tecido económico e empresarial. 250 acaban de rematar as súas titulacións de grao e os demais finalizaron xa os seus mestrados: 48 o Máster de Enxeñaría Industrial; 9 o Máster en Enxeñaría de Organización e 11 os diferentes másteres profesionalizantes que oferta o centro e que inclúen temáticas como enerxía e sostenibilidade, mecatrónica, automoción, procesos de deseño e fabricación mecánica e riscos laborais.

Presenta: Ana Mejias Sacaluga
Subdirectora de Organización Docente, Escola de Enxeneria Industrial