Intervención de José Manuel Martínez, Presidente da AGGETT 7 de out. de 2019

Visto 15 veces

Intervención de José Manuel Martínez, Presidente da AGGETT

“Eles aínda non o saben, ou non están completamente seguros, pero están preparados: teñen os coñecementos e mailas habilidades”, destacaba o director da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Íñigo Cuiñas, en referencia á nova promoción do centro durante o acto de graduación deste curso. No acto recibiron as súas bandas 51 estudantes da VI promoción do grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación e 24 da IV promoción do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación. Neste evento estiveron acompañados por Natalia Caparrini, vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria; Ángeles, Marra, concelleira de Transportes e Proxectos Estatais Europeos; José Manuel Martínez, presidente da Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación e Edita de Lorenzo, vicedecana do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, así como representantes de Optare Solutions e Gradiant. Como padriños, o alumnado elixiu aos profesores Artemio Mojón para a promoción do grao e Manuel Fernández Veiga para o mestrado.

O director do centro lembroulles ás novas promocións que se están a incorporar “ao mercado laboral cando o mundo das telecomunicacións está cruzando barreiras que nos van levar a unha nova sociedade” marcada polas smart cities, a ciberseguridade, a protección dos datos e a quinta xeración da telefonía móbil: O 5G”. Este é o escenario dunha “sociedade 4.0 na que a industria automatiza e robotiza ao máximo”. Por este motivo Cuiñas recomendoulles traballar competencias transversais como pensamento crítico, intelixencia emocional, creatividade tecnolóxica, etc. Así, coa formación académica e este tipo de calidades, “ides poder desenvolver as vosas capacidades sen temor a que unha máquina, un robot, sexa quen de mellorar os vosos resultados; o mundo TIC é un eido do talento e do coñecemento”.

Tras lembrarlles que poden seguir ampliando a súa formación na escola e repasar as novas titulacións do centro (Máster en Ciberseguridade, itinerario do grao en inglés e dous cursos de especialista en protección de datos e 5G), despediuse destacando que “o orgullo desta escola non está no que saben os nosos alumnos e titulados, senón no que sodes quen de aprender e desenvolver usando as habilidades e as competencias que tentamos transmitirvos”.

Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Universidade de Vigo
José Manuel Martínez
Presidente, Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación

Vídeos da mesma serie