Entrega de diplomas aos alumnos da VI Promoción do Grao 07/10/2019

Visto 9 veces

Entrega de diplomas aos alumnos da VI Promoción do Grao

“Eles aínda non o saben, ou non están completamente seguros, pero están preparados: teñen os coñecementos e mailas habilidades”, destacaba o director da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Íñigo Cuiñas, en referencia á nova promoción do centro durante o acto de graduación deste curso. No acto recibiron as súas bandas 51 estudantes da VI promoción do grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación e 24 da IV promoción do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación. Neste evento estiveron acompañados por Natalia Caparrini, vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria; Ángeles, Marra, concelleira de Transportes e Proxectos Estatais Europeos; José Manuel Martínez, presidente da Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación e Edita de Lorenzo, vicedecana do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, así como representantes de Optare Solutions e Gradiant. Como padriños, o alumnado elixiu aos profesores Artemio Mojón para a promoción do grao e Manuel Fernández Veiga para o mestrado.

O director do centro lembroulles ás novas promocións que se están a incorporar “ao mercado laboral cando o mundo das telecomunicacións está cruzando barreiras que nos van levar a unha nova sociedade” marcada polas smart cities, a ciberseguridade, a protección dos datos e a quinta xeración da telefonía móbil: O 5G”. Este é o escenario dunha “sociedade 4.0 na que a industria automatiza e robotiza ao máximo”. Por este motivo Cuiñas recomendoulles traballar competencias transversais como pensamento crítico, intelixencia emocional, creatividade tecnolóxica, etc. Así, coa formación académica e este tipo de calidades, “ides poder desenvolver as vosas capacidades sen temor a que unha máquina, un robot, sexa quen de mellorar os vosos resultados; o mundo TIC é un eido do talento e do coñecemento”.

Tras lembrarlles que poden seguir ampliando a súa formación na escola e repasar as novas titulacións do centro (Máster en Ciberseguridade, itinerario do grao en inglés e dous cursos de especialista en protección de datos e 5G), despediuse destacando que “o orgullo desta escola non está no que saben os nosos alumnos e titulados, senón no que sodes quen de aprender e desenvolver usando as habilidades e as competencias que tentamos transmitirvos”.

Vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, Universidade de Vigo
María de los Ángeles Marra Dominguez.
Concelleira Delegada do área de tranportes e proxectos estatais.
José Manuel Martínez
Presidente, Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación
Edita de Lorenzo
Videcana, Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia
Artemio Mojón Ojea
Profesor do departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións, Escuela de Enxeñaría de Telecomunicación
Manuel Fernández Veiga
Profesor do Departamento de Enxeñaría Telemática, Universidade de Vigo
Iñigo Cuiñas Gómez
Director da Escola de Enxeñería de Telecomunicación, Universidade de Vigo
Luis Pérez Freire
Director general, Gradiant
Roberto Pérez González
Optare Solutions