Graduación do grao en Enxeñería dos Recursos Mineiros e Enerxéticos, Enxeñería da Enerxía, e máster en Enxeñería de Minas e Xeoinformática 28 de xuño de 2019

Visto 92 veces

Graduación do grao en Enxeñería dos Recursos Mineiros e Enerxéticos, Enxeñería da Enerxía, e máster en Enxeñería de Minas e Xeoinformática

Acto Completo

O auditorio da sede Afundacion acolleu o acto de graduación de catro novas promocións (dúas de grao e dúas máster) da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. As e os 33 alumnos das VI promocións dos graos en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e en Enxeñaría da Enerxía e as e os 13 das IV promocións do máster en Enxeñaría de Minas e en Xeoinformática recibiron as súas distincións nun acto que estivo presidido pola vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes, e Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, en representación do reitor, e no que Patricia Durany Fernández, egresada do centro e compliance & systems manager da empresa británica Viridor, ofreceu unha lección maxistral.

A graduación contou coa presenza de representantes dos colexios profesionais (o decano-presidente do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Minas e o decano-presidente do Colexio de Enxeñeiros de Minas); así como delegado territorial da Xunta de Galicia; o concelleiro de I+D e dinamización administrativa do Concello de Vigo e a directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. Elena Alonso puxo en valor na súa intervención “a implicación e traballo realizado polo profesorado, PAS e alumnado do centro no desenvolvemento do proxecto formativo o longo dos últimos catro anos”, ao tempo que agradeceu a implicación e colaboración de empresas e entidades que, ao longo deste ano, implicáronse con centro.

Vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, Universidade de Vigo
Relator/a: Patricia Durany Fernández
compliance & systems manager, Viridor
Relator/a: Ignacio López-Chaves
Delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo
Relator/a: Elena Alonso Prieto
Directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía , Universidade de Vigo
Relator/a: César Lorenzo
Representante dos Alumnos de Grao, Universidade de Vigo
Relator/a: Ana Vázquez
Representante dos Alumnos de Grao, Universidade de Vigo
Relator/a: David Patiño Vilas
Profesor de Enxeñaría Térmica, Universidade de Vigo
Relator/a: Guillermo García Lomba
Departamento de Matemática Aplicada II, Uniersidade de Vigo
Relator/a: Atanasio José Peña Álvarez
Decano-Presidente, Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Minas de Galicia
Relator/a: Juan José Fernández Díaz
Decano-Presidente, Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste
Relator/a: Ana Mejías Sacaluga
Concelleira de I+D e dinamización administrativa, Concello de Vigo

Vídeos da mesma serie
Clase Magistral de Patricia Durany Fernández
Compliance & systems manager en Viridor
28 de xuño de 2019
I edición dos EME Awards
28 de xuño de 2019