Entrega de diplomas ós alumnos de máster en Enxeñería de Minas e Xeoinformática 28 de xuño de 2019

Visto 5 veces

Entrega de diplomas ós alumnos de máster en Enxeñería de Minas e Xeoinformática

O auditorio da sede Afundacion acolleu o acto de graduación de catro novas promocións (dúas de grao e dúas máster) da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. As e os 33 alumnos das VI promocións dos graos en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e en Enxeñaría da Enerxía e as e os 13 das IV promocións do máster en Enxeñaría de Minas e en Xeoinformática recibiron as súas distincións nun acto que estivo presidido pola vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes, e Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, en representación do reitor, e no que Patricia Durany Fernández, egresada do centro e compliance & systems manager da empresa británica Viridor, ofreceu unha lección maxistral.

A graduación contou coa presenza de representantes dos colexios profesionais (o decano-presidente do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Minas e o decano-presidente do Colexio de Enxeñeiros de Minas); así como delegado territorial da Xunta de Galicia; o concelleiro de I+D e dinamización administrativa do Concello de Vigo e a directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. Elena Alonso puxo en valor na súa intervención “a implicación e traballo realizado polo profesorado, PAS e alumnado do centro no desenvolvemento do proxecto formativo o longo dos últimos catro anos”, ao tempo que agradeceu a implicación e colaboración de empresas e entidades que, ao longo deste ano, implicáronse con centro.

Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Universidade de Vigo
Ignacio López-Chaves
Delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo
Patricia Durany Fernández
compliance & systems manager, Viridor
Elena Alonso Prieto
Directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía , Universidade de Vigo
César Lorenzo
Representante dos Alumnos de Grao, Universidade de Vigo
Ana Vázquez
Representante dos Alumnos de Grao, Universidade de Vigo
David Patiño Vilas
Profesor de Enxeñaría Térmica, Universidade de Vigo
Guillermo García Lomba
Departamento de Matemática Aplicada II, Uniersidade de Vigo
Atanasio José Peña Álvarez
Decano-Presidente, Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Minas de Galicia
Juan José Fernández Díaz
Decano-Presidente, Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste
Ana Mejías Sacaluga
Concelleira de I+D e dinamización administrativa, Concello de Vigo

Vídeos da mesma serie
Clase Magistral de Patricia Durany Fernández
Compliance & systems manager en Viridor
28 de xuño de 2019
I edición dos EME Awards
28 de xuño de 2019