Acto académico de Santo Tomé de Aquino 2020 28 de xan. de 2020

Visto 367 veces

Acto académico de Santo Tomé de Aquino 2020

Na cerimonia entregáronse preto de 150 galardóns aos mellores estudantes dos tres campus

Premiando o traballo de preto de 150 alumnas e alumnos excelentes, facendo unha firme defensa da universidade pública, repasando os principais logros acadados en 2019 e botando a ollada aos retos aos que se enfrontará a institución nos vindeiro anos. Así celebrou este martes a Universidade de Vigo o seu patrón, San Tomé de Aquino, unha celebración que este ano serve tamén para inaugurar as celebracións do 30 aniversario dunha institución que, como salientou o reitor, Manuel Reigosa, se sente orgullosa do traballo realizado e comprometida cos retos aos que se enfrontará nos vindeiro anos, desafíos entre os que o reitor situou a captación de novo alumnado, tanto a nivel nacional como internacional; a renovación do cadro de docentes, pensando sobre todo na fichaxe de talento feminino, e a aposta decidida pola igualdade.

Reitor, Universidade de Vigo
Secretario xeral, Universidade de Vigo
Susana de Lorenzo
Soprano
Alejo Amoedo
Pianista

Vídeos da mesma serie
Acto académico de Santo Tomé de Aquino 2020
Na cerimonia entregáronse preto de 150 galardóns aos mellores estudantes dos tres campus
28 de xan. de 2020