Rolda de preguntas. Novas tendencias na investigación 15 de dec. de 2020

Visto 35 veces

Rolda de preguntas. Novas tendencias na investigación

Ao longo da mañá os poñentes achegaron ás persoas asistentes a través de intervencións en liña os seus relatorios encadrados en tres temáticas: a novela negra e o compromiso social; a noticia narrativa chilena e as novas tendencias na investigación, co obxectivo de “abordar de leste o ámbito académico a nova produción literaria latinoamericana desde un punto de vista divulgativo coa intención de coñecer o que se está facendo tanto dentro como fóra da UVigo por especialistas sénior e júnior na literatura latinoamericana e tentar abrir novas liñas de investigación relacionadas coa produción literaria actual do continente americano”, explica María Alonso, investigadora postdoutoral do grupo ELICIN e xunto a Carmen Luna e Rocío Hernández, organizadora do evento.
O seminario é, segundo as súas promotoras, a materialización dun traballo de anos, nos que se foi tecendo unha rede de colaboracións entre diferentes universidades e grupos de investigación en Galicia e no estranxeiro, coa participación de especialistas de Brasil (Cristian Javier López), Escocia (Fiona Mackintosh) Hong Kong (Bárbara Fernández) e Estados Unidos (Berna Muñoz).

Dra. Rocío Hernández Arias
Investigadora Posdoutoral (Margarita Salas), Universidade de Vigo
Cristian Javier López
Profesor de Literatura, Música e Artes Visuais, Universidade Estadual do Oeste do Paraná
Sonia Rico Alonso
Doutoranda en Estudios Literarios, Universidade da Coruña
Modera: María Alonso Alonso
Investigadora Posdoutoral do Departamento de Literatura Española e Teoría da Literatura, Universidade de Vigo