Presentación do estudo sobre o impacto laboral da primeira onda da pandemia de Covid-19 nas persoas tituladas da UVigo 18 de feb. de 2021

Visto 13 veces

Presentación do estudo sobre o impacto laboral da primeira onda da pandemia de Covid-19 nas persoas tituladas da UVigo

A través de case 600 páxinas, achega datos sobre as taxas de ocupación e desemprego, teletraballo, ERTE

Un estudo pormenorizado no que se dá conta dos principais resultados dunha enquisa realizada a 3217 persoas tituladas –de moi distintas titulacións e promocións desde 1990 ata a actualidade repartidas por todo o mundo - entre os días 25 de maio e 8 de xullo do pasado ano.

Estrutúrase en tres partes diferenciadas e inter-relacionadas:

O Corpo Diplomático da UVigo
Impacto laboral da primeira onda da pandemia de Covid-19 nas persoas tituladas da UVigo
Análise dos resultados da enquisa sobre o impacto laboral da primeira onda da pandemia de Covid-19 nas persoas tituladas da UVigo

Reitor, Universidade de Vigo
Luis Espada Recarey
Director do Observatorio de Persoas Tituladas dá Universidade de Vigo
Ernesto Pedrosa Silva
Presidente Consello Social, Universidade de Vigo