Marta Vila Comesaña desde Lisboa 26 de mar. de 2021

Visto 32 veces

Marta Vila Comesaña desde Lisboa

Cada 24 de febreiro a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á sociedade a que celebremos o Día de Rosalía. En cada edición desta efeméride publícase un manifesto que, no ano 2021, foi escrito por Anna R. Figueiredo. Tomando como referencia este texto e a temática da emigración, cuestión recorrente na obra de Rosalía e realidade vixente na sociedade galega actual, a Facultade de Educación e Traballo Social e a Vicerreitoría do Campus de Ourense - Campus Auga quixemos implicar na celebración a galegas e galegos emigrados en diferentes partes do mundo, en moitos casos ex-alumnas e alumnos da propia Universidade de Vigo.

Son elas e eles os que lle poñen voz a este Manifesto, facendo súas as reivindicacións e sentimentos presentes na obra de Rosalía, plenamente vixentes neste século XXI. Para facilitar o sentido orixinal do texto de Anna R. Figueiredo indícase a orde de visionado de cada intervención.

Agradecemos profundamente a colaboración nesta iniciativa, por orde de aparición, a: Uxía Oña (Forth/Drg, Escocia), Mario Gradín (República Checa), Cristina Jarillot (Vitoria-Gasteiz, País Vasco), Emilia Parada Cabaleiro (Linz, Austria), Máximo F.
Fraga Cimadevila (Vitoria-Gasteiz, País Vasco), César F. Sarmiento e Andrea Valado Díaz (Mataró, Cataluña), Mauro Rivas Ferreiro (Londres, Reino Unido), Patricia Fernández Martín (Madrid), Noelia González Carballo (Múnic, Alemaña), Carolina
Borges Veloso (Colonia, Alemaña), Marília (Chaves, Portugal), Thayane Gaspar (Rio de Janeiro, Brasil), Daniela Gonçalves (Porto, Portugal), Marta Vila Comesaña (Lisboa, Portugal) e Daniel Barredo Vázquez (Lisboa, Portugal).

i18n.one.Series: Día de Rosalía 2021
Marta VIla Comesaña
PCEO Turismo - Xeografía e Historia (Erasmus en Lisboa)

Vídeos da mesma serie
Meus doces cantares
A Vicerreitoría do campus de Ourense súmase á conmemoración do Día de Rosalía
24 de feb. de 2021
Miña Santiña, miña santasa
Do Santiago do 53 ao Ourense do 21
12 de mar. de 2021
Adeus virus, Adeus máscara
Do Santiago do 53 ao Ourense do 21
24 de feb. de 2021
O noso
Do Santiago do 53 ao Ourense do 21
24 de feb. de 2021
Liberdade confinada
Do Santiago do 53 ao Ourense do 21
12 de mar. de 2021
Ergueremos
Do Santiago do 53 ao Ourense do 21
12 de mar. de 2021
O futuro despóis da pandemia
Do Santiago do 53 ao Ourense do 21
12 de mar. de 2021
Novo renacer
Do Santiago do 53 ao Ourense do 21
12 de mar. de 2021
E se a natureza falara?
12 de abr. de 2021
Uxía Oña desde Escocia
26 de mar. de 2021