Presentación do Proxecto 28 de abr. de 2021

Visto 13 veces

Presentación do Proxecto

Interdisciplinario, multicultural e transnacional. Estas son as características do proxecto Narrativas das novas diásporas que analizará, durante dous anos, a literatura de fronteiras do século XXI, desde unha perspectiva innovadora, ao centrarse en dous aspectos fundamentais, que facilitan un labor comparativista: as zonas de conflito e as zonas de confort. María Alonso, docente e investigadora do grupo Elicin, do Departamento de Literatura Española e Teoría da Literatura da UVigo, que lidera o proxecto explica que “o noso corpus consta de textos en castelán, en galego e en inglés xa que consideramos que os actuais movementos diaspóricos tamén están a afectar a idea clásica de canon literario até o punto que hoxe en día é complicado clasificar certa produción literaria, sobre todo a de migración, dentro dunha tradición literaria específica. Os movementos diaspóricos, por poñelo doutro xeito, están a afectar as fronteiras literarias”

Presenta: María Alonso Alonso
Investigadora Posdoutoral do Departamento de Literatura Española e Teoría da Literatura, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie