Quenda de preguntas. Escola Aberta de Formación Permanente 19 de maio de 2021
Quenda de preguntas. Escola Aberta de Formación Permanente
A formación ao longo da vida, a reciclaxe de coñecementos, as habilidades transversais… Nos novos escenarios educativos e laborais a titulación universitaria non é suficiente, é preciso que as persoas traballadoras adapten os seus coñecementos ás necesidades da contorna ao longo de toda a súa vida profesional. Nese contexto as universidades teñen un papel fundamental ofertando unha formación complementaria “ao longo da vida” que, no caso da Universidade de Vigo, se vai articular a partir de agora baixo un único paraugas: a Escola Aberta de Formación Permanente. A súa creación foi aprobada polo Claustro no mes de outubro e este mércores presentouse en sociedade como unha estrutura que evite a dispersión tanto organizativa como normativa, decisoria e de xestión das ensinanzas non oficiais da Universidade de Vigo.