Investigación e Innovación Responsable (RRI) 27 de maio de 2021

Visto 21 veces

Investigación e Innovación Responsable (RRI)

Conferencia

O evento, Investigación e innovación responsable no ecosistema de I+D+i de Galicia. Exemplo práctico no ámbito mariño, tivo lugar en modalidade semipresencial e serviu tamén para presentar un convenio de colaboración asinado entre o Centro de Investigación Mariña da UVigo (CIM) e Ecobas (Economics and Business Administration for Society) coa Fundación para la Pesca y el Marisqueo (Fundamar), entidade que precisamente ten como obxectivo fomentar a colaboración entre a sociedade e os organismos de investigación. Os encargados de presentalo foron a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio e o presidente de Fundamar, Javier Touza, xunto coa directora de Cetmar, Paloma Rueda, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, que participou no acto de peche da xornada.

Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Universidade de Vigo