Bewats. Plan de Traballo 28 de maio de 2021

Visto 14 veces

Bewats. Plan de Traballo

Conferencia

A loita contra o lixo mariño desenvólvese en múltiples frontes, pero a estratexia máis eficiente é evitar que estes residuos rematen nos océanos, xa que a súa retirada, en moitos casos, é imposible. É o que sucede cos microplásticos, partículas de menos de 5 mm froito da degradación de envases, botellas, prendas, etc. Para controlar e frear a chegada destes obxectos aos ecosistemas mariños, a comunidade científica está a desenvolver diversos sistemas e mecanismos que permitan coñecer a súa orixe e percorrido. Un dos proxectos que se está a desenvolver neste eido é Bewats (Beach Waste Tracking System), impulsado por investigadores da Universidade de Vigo e do Instituto de Ciencias Matemáticas (CSIC-UAM-UCM-UC3M) e financiado polo programa Pleamar 2019 da Fundación Biodiversidade. O seu obxectivo é desenvolver ferramentas innovadoras para monitorear a procedencia e o destino do lixo mariño a través de imaxes de satélite e de vehículos aéreos non tripulados equipados con cámaras.

Presenta: Fernando Martín Rodríguez
Grupo de Dispositivos de Alta Frecuencia. de atlanTTic, Universidade de Vigo
Ana Isabel Dopico Parada
Doctora en Administración e Dirección de Empresas, profesora contratada doctora, Universidade de Vigo
Mª Jesús López Miguens
Grupo de investigación IMark de ECOBAS
María del Carmen Otero Neira
Grupo de investigación IMark de ECOBAS