Quenda de preguntas. A necesidade democrática dunha dirección pública profesional 7 de xuño de 2021
Quenda de preguntas. A necesidade democrática dunha dirección pública profesional
Creado en 1972, a iniciativa dos gobernos de México, Perú e Venezuela, o Centro Latinoamericano de Administración para el Desarrollo (CLAD) é un organismo público internacional de carácter intergobernamental, con presenza en máis de 20 países, que ten como obxectivo contribuír á modernización das administracións públicas a través da análise e o intercambio de experiencias. Co “obxectivo de iniciar un proceso de cooperación institucional internacional e de dimensión atlántica desde o campus de Pontevedra”, a Universidade de Vigo asinaba recentemente un convenio de cooperación educativa con este organismo con sede en Caracas, como anunciou o decano comisario da futura Facultade de Dirección e Xestión Pública, Enrique Varela, na conferencia de clausura do curso académico, que na tarde deste luns impartía de xeito virtual o secretario xeral do CLAD, Francisco Javier Velázquez.