A tutela da obra literaria na lei de Propiedade Intelectual. Quenda de cuestións 13 de out. de 2021

Visto 2 veces

A tutela da obra literaria na lei de Propiedade Intelectual. Quenda de cuestións

Reflexionar e debater sobre o papel das e dos axentes literarios na difusión exterior do libro infantoxuvenil galego. Con este obxectivo a Facultade de Filoloxía e Tradución acolleu, en modalidade presencial e virtual, a Xornada Profesional Desfacendo a raia VII, un encontro organizado pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, Gálix, coa colaboración do grupo de investigación BiFeGa-Bitraga da Universidade de Vigo. Baixo o lema Desfacendo a raia VII o debate centrouse nesta ocasión na análise da actuación dos axentes literarios, profesionais que se encargan, entre outras moitas tarefas, de presentar as obras ás editoriais, “un mediador máis na cadea do libro”. Entre outras participantes a xornada contou coa participación da escritora Ledicia Costas e a súa axente Hilde Gersen.

Ania González
Avogada, crítica de arte e investigadora cultural